Resultados do Campionato Galego Absoluto e Xunior de verán

O Clube Natación Arzúa acadou a nada desprezable cantidade de nove medallas no Campionato Galego de Natación Absoluto e Xunior de Verán desputado nas piscinas Rías do Sur de Pontevedra, este fin de semana.
Os nosos nadadores acadaron os seguintes resultados:
Tres medallas de ouro:
Gaspar Andrade conseguiu tres medallas de ouro e polo tanto Triple Campión Galego nas probas de 800 metros libre absoluto (Record do Campionato), outra nos 1500 metros libre absoluto e a terceira, por esta última proba, na categoría xunior.
Cinco medallas de prata:
Xosé Ramón Rey dúas, unha na proba de 50 metros braza e outra na de 100 metros braza, ambas absolutas.
David Pampín conseguiu a medalla de prata na proba de 200 metros braza xunior e Gaspar Andrade dúas, unha en 400 metros libres xunior e outra nos 400 estilos xunior.
E unha medalla de bronce:
Gaspar Andrade na mesma proba de 400 m. estilos, na categoría absoluta.
OUTROS RESULTADOS:
Iris Sanmiguel, 17ª na proba de 50 m costas absoluto.
Raúl Segade, 14º en 200 m estilos absolutos e 14º en 100 costas absoluto.
Alfonso Andrade, 11º en 200 costas absoluto, 19º en 100 costas absoluto e 24º en 400 libre absolutos.
Brais Senín, 5º en 100 bolboreta xunior, 7º en 50 bolboreta xunior e 9º en 50 libre xunior.
David Pampín, 5º en 100 braza xunior, 5º en 50 braza xunior e 10º en 200 estilos xunior.
E Xosé Ramón Rey, 14º en 50 libre absoluto.
Nas remudas destacar o 5º posto en 4x50 estilos masculino absoluto, proba na que participou Raúl Segade que tivo que deixar de competir debido a unha lesión desputando a proba de 100 metros costas, 
Mencionar tamén que Manuel Segade participou nas remudas de 4x100 libres, 4x50 libres e 4x200 libres.
A nota negativa foi a lesión de Raúl Segade que tivo que ser trasladado en padiola ao hospital inda que ó final todo se quedou nunha lesión leve que, agardemos, non lle impida participar nos Campionatos Galegos da súa idade.
Para ver os resultados completos ir ao seguinte enlace. 
Tamén podedes ver as fotos do campionato no noso facebook.