Resultados X Trofeo Promesas do Lérez

Tamén este sábado desputouse nas piscinas olímpicas do complexo deportivo "Rías do Sur" de Pontevedra, a décima edición do Trofeo Promesas do Lérez.
Polo Club Natación Arzúa tivemos finalmente oito nadadores, tres nenas:
Carla Carrón, Andrea Rúa e Iria Alonso.
e cinco nenos:
Rubén Veiga, Álex Martínez, Manuel Alamancos, Xián Senín e Mario Gómez.
Na sesión de mañá, se desputaron as clasificatorias nas que Carla Carrón, Andrea Rúa, Manuel Alamancos e Rubén Veiga acadaron un posto entre os dez primeiros para desputalas finais da tarde na que Carla Carrón acadou a única medalla da competición, prata nos 50 braza benxamín feminino.
Os resultados dos nadadores arzuáns foron:
Carla Carrón, subcampiona e medalla de prata en 50 braza
Andrea Rúa, 4ª en 50 libres
Iria Alonso, 13ª en 50 libres
Rubén Veiga 10º en 100 libres e 7º en 200 libres
Álex Martínez en 17º en 100 libres e 7º en 100 bolboreta
Manuel Alamancos, 7º en 50 bolboreta
Xián Senín, 11º en 200 libres e 14º en 400 libres
e Mario Gómez que foi 15º en 50 braza.
Xa a nivel informativo, o Clube rematou no posto 11º.
Máis info na súa web oficial ou na sección resultados da nosa web.