XVI Edición Trofeo Amizade en Ponteareas

O Complexo Álvaro Pino de Ponteareas, acollerá este sábado 11 de abril, a partires das once da mañá, a XVI edición do Trofeo Amizade de Natación.
Esta competición, organizada polo Clube Natación Ponteareas, consolídase cada ano como unha das citas destacadas do calendario galego. 
A participación nesta edición alcanza os 265 nadadores pertencentes a 13 clubes diferentes e en tres categorías: alevín, infantil e absoluta.
Despois das baixas de última hora por diversos motivos, en representación do Clube Natación Arzua estarán catorce nadadores.
Sete féminas: en infantil Iris Sanmiguel e Lorena Pereiro e en absoluto Antía Senín, Uxía Orois e Lorena Peteiro.
E nove nadadores masculinos: Os alevíns Álex Valiño, Rubén Veiga e Xián Senín, os infantiles Raúl Segade e Xosé Manuel Estradas, e en categoría absoluta Xosé Ramón Rey, David Pampín, Brais Senín e Gaspar Andrade.
Tamén teremos representación nos relevos 4x50 libres e 4x50 estilos tanto en categoría masculina coma feminina.
A expedición partirá de diante da piscina climatizada ese mismo sábado sobre as 8 e cuarto da mañá.