Resultados do XVI Trofeo Amizade de Ponteareas

O Complexo Álvaro Pino de Ponteareas, acolleu este pasado sábado a XVI edición do Trofeo Amizade de Natación.
A representación do Clube Natación Arzua ó final foi de trece nadadores que acadaron unha nada despreciable colleita de tres medallas de ouro, unha de prata e outra de bronce.
Por puntos, o clube arzuán acabou no séptimo posto na xeral dun Trofeo que se levou o Natación Galaico de Pontevedra por unha escasa marxe sobre o equipo local o Clube Natación Ponteareas.
Os resultados por nadador foron os seguintes:
Na sección feminina:
en infantil:
Iris Sanmiguel foi 4ª tanto en 100 costas coma e en 100 libres
e Lorena Pereiro que acabou 6ª en 100 libres e 4ª nos 200 libres.
en absoluto:
Antía Senín, 7ª en 100 braza e 8ª en 200 estilos
e Uxía Orois, 4ª en 100 costas e 11ª en 100 bolboreta
E nove nadadores masculinos:
Os alevíns:
Álex Martínez foi 12º en 100 bolboreta
Rubén Veiga, 8º en 100 libres e 11º en 200 libres
e Xián Senín, 10º en 200 libres
os infantiles:
Raúl Segade colgouse dúas medallas de ouro en 100 costas e 100 bolboreta
e Xosé Manuel Estradas, 6º en 100 libres e 7º en 200 libres
e na categoría absoluta:
Xosé Ramón Rey que se embolsou a medalla de ouro en 100 braza e foi 5º en 100 libres
David Pampín, 4º en 100 libres e 5º en 200 estilos
Brais Senín, medalla de bronce en 100 bolboreta e 7º en 100 costas
e Gaspar Andrade que foi medalla de prata en 200 estilos e 9º en 100 bolboreta.
Tamén tivemos representación nos relevos masculinos, sendo séptimos nos 4x50 libres e cuartos nos 4x50 estilos.
Tendes os resultados máis polo miúdo na sección resultados.