Gaspar Andrade Campión Galego Junior de Longa Distancia

Este sábado pasado celebráronse nas piscinas olímpicas do Complexo Rías do Sur de Pontevedra ós XI Campionatos Galegos de Longa Distancia.
Despois de nadar os 3000 metros, o representante arzuán, Gaspar Andrade Budiño, acadou o primeiro posto proclamándose Campión Galego Masculino Junior.
Gaspar acadou a medalla de ouro despois de nadar os 3000 metros nun tempo de 32:21.98.
Pola súa banda, seu irmán Alfonso, mellorou a súa marca e posición de saída quedando nun meritorio desimoséptimo posto, na proba masculina infantil na que percorreu os 2000 metros nun tempo de 24:01.03.
Máis información na páxina da fegan, onde tendes todos os resultados.