Cesta de Nadal

Co obxectivo de recadar fondos para o clube baise realizar unha rifa para unha cesta de produtos de nadal, composta por paleta de ibérico, turrón, viño, champán, frutos secos...
Ditas rifas serán vendidas polos socios do clube ó prezo dun euro cada unha.
O sorteo realizarase no local do clube, situado nas instalacións da piscina municipal climatizada de Arzúa, o día 23 de decembro de 2014 ás 7 da tarde, entre todos os números que forman parte da rifa.
O número agraciado será comunicado aos socios, poñerase no taboleiro do clube na piscina municipal climatizada, na web, no facebook e comunicarase a través de Radio Arzúa.. 
A cesta poderá recollerse dende o día do sorteo ata o 31 de decembro de 2014.
*(No caso de que a agraciada ou agraciado sexa menor de idade, deberá recoller a cesta acompañado da súa nai/pai/titor ou representante legal).