Primeira xornada da Copa Galega de Clubes

Comeza a Copa Galega de Clubes desta tempada, nesta ocasión o Clube Natación Arzúa competirá na Terceira división xunto a Clube Natación Redondela, Clube Natación Monforte, Universidade de Santiago, Clube Natación Mos e Clube Natación Vilagarcía.
A competición constará de dúas únicas xornadas, non habendo descensos, xa que se está conformando unha restructuración para a vindeira tempada.
Esta primeira xornada será este domingo día 27 e terá como sede a piscina municipal de Monforte de Lemos en dobre sesión de mañá (10:30) e tarde (17:30), polo que os nadadores sairán de Arzúa en bus sobre as oito da mañá tendo previsto o regreso sobre as oito da noite.
Para esta primeira xornada o Clube arzuán desprazará a terras monfortinas a sete nadadoras: Diana Cotón, Karen Blanco, Elena Peteiro, Antía Senín, Uxía Orois, Raquel Rey e Alba Senín e a oito nadadores: David Pampín, Manuel Segade, Gaspar Andrade, Alfonso Andrade, Xosé Manuel Estradas, Xosé Luis Sánchez, Román Orois e Xosé Ramón Rey.
As probas nas que van a competir serán 50 libres, 50 bolboreta, 100 e 200 costas, 100 e 200 braza, 100 e 200 estilos e 800 libres en feminino e 1500 libres en masculino.
Tamén teremos representación nas probas de relevos 4x50 estilos e 4x200 libres feminino e con dous equipos en cadansúa proba masculina de 4x100 e 4x200 libres e 4x50 estilos.
Podedes consultalas probas máis polo miúdo na sección convocatorias.